terça-feira, 12 de junho de 2012

Comunicado respecto á ocupación da oficina de emprego das Pontes.

A partir das 09.00h. de hoxe martes, 12 de xuño, un grupo de traballadores/as desempregad@s da vila co apoio de membros da Asemblea de desempregad@s da CIG de Ferrol realizan unha concentración às portas da oficina de emprego da localidade para posteriormente proceder á súa ocupación.


Esta é a primeira acción que desenvolve de maneira organizada o colectivo de desempregad@s das Pontes despois de que o pasado venres 8 de xuño se presentase na Praza Roxa da vila a Asemblea de desempregad@s da CIG co obxectivo de promover a mobilización activa das persoas desempregadas que hai na comarca do Eume, na que segundo os últimos datos emitidos pola Consellaría de Traballo da Xunta xa hai 2373 persoas desempregadas, 204 persoas mais que hai un ano, e situación particularmente grave a d@s 1071 desempregad@s do concello das Pontes, o que representa unha taxa de desemprego por volta do 22%.

A ocupación da oficina de demprego só procura denunciar publicamente a dramática situación pola que están a atravesar centos de desempregad@s nesta comarca, ademais de sinalar á administración pública como unha das principais responsábeis desta problemática ao non asegurar un servizo de colocación efectiva e de calidade en canto si admite ERE´s a empresas sen rigor algún.

A Asemblea de desempregad@s da CIG en Ferrol continuará nas próximas semanas a promover asembleas abertas e a pé de rúa nos barrios e vilas da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal para continuar a estender a organización e mobilización activa d@s traballadores/as en situación de desemprego. A próxima asemblea convocada será o venres, 15 de xuño, às 17.00h. no parque infantil de do barrio ferrolán de Caranza.