quarta-feira, 6 de junho de 2012

Acción reivindicativa no Maxi-Día

Mércores 6 de xuño às 12.00h: concentración e acción simbólica da Asemblea de desempregad@s da CIG-Ferrol no supermercado Maxi-DIA da rúa Españoleto pola reclamación de máis recursos materiais para o colectivo de desempregad@s de longa duración. 




Un mes despois da ocupación da oficina de emprego da nosa cidade por membros da Asemblea de desempregad@s da CIG, o noso colectivo decidiu levar a cabo esta acción simbólica co obxectivo de chamar a atención sobre a dramática situación que están a atravesar @s traballadores/as cualificad@s como "desempregad@s de longa duración", é dicir, aqueles/as que levan máis de tres anos no desemprego.

Segundo as últimas estatísticas anunciadas por diferentes institucións indican que este colectivo de traballadores/as desempregad@s non deixa de medrar, de feito no ano 2011 experimentouse un aumento do 43% respeito ao ano anterior, e xa representan a quinta parte do conxunto d@s desempregad@s.

Estes/as desempregad@s de longa duración son o perfecto paradigma do fracaso deste sistema económico e social que padecemos e que coñecemos co nome de capitalismo, que é incapaz de atender às necesidades máis básicas da maioría social en canto só é quen de satisfacer a necesidade cega do benefício privado e individual.

Para expresar a situación social alarmante dun número moi importante de desempregad@s de longa duración que non teñen recursos nen para atender as súas necesidades máis básicas como a alimentación, membros da Asemblea de desempregad@s decidiron entrar no supermercado e coller por necesidade unha cesta de produtos básicos que serán entregados na Cociña Económica.

As persoas desempregad@s que participan nesta acción simbólica non pretenden quitar un rendemento persoal con ela, pero si chamar a atención sobre unha realidade que nos di que é máis importante o beneficio empresarial que a propia supervivencia das persoas.