quinta-feira, 13 de setembro de 2012

Concentración en apoio @s compañeir@s imputad@s

O venres 14 de setembro às 11.30h nos Xulgados de Ferrol, concentración de apoio aos 6 compañeir@s da Asemblea de desempregad@s da CIG imputad@s dunha suposta falta por "furto" pola acción no MaxiDía.


Os feitos concretos aos que se refiren a imputación da suposta falta remóntanse ao pasado 6 de xuño cando a nosa Asemblea promovera e realizara unha concentración diante do establecemento que a multinacional da alimentación DIA ten na rua Españoleto de Ferrol, seguida dunha acción de carácter simbólico que consistiu na retirada dunha série de produtos de primeira necesidade (arroz, pasta, legumes, etc) para despois entregalos na Cociña Económica da cidade.
No desenvolvimento da acción simbólica, vari@s participantes na mobilización foron identificad@s e retid@s pola polícia española, quen con total prepotencia e chulería procedeu a equisar os produtos que foran retirados do supermercado erixíndose en leais defensores da ditadura da propiedade privada, a mesma que considera que antes que a propia subsistencia das persoas está o lucro empresarial.

A Asemblea de desempregad@s da CIG petendia con este tipo de acción chamar a atención sobre a dramática situación pola que están atravesar un número cada vez maior de desempregad@s que fican sen prestación económica algunha e, polo tanto, sem recursos con os que poder sobreviver, en especial, aquele/as desempregad@s de longa duración (con máis de tres anos no desemprego) cuxa porcentaxe elevouse nun 43% respeito ao ano 2011 e xa representan a cuarta parte dos case 270.000 desempregad@s que há na Galiza.

Con este novo xuízo contra a clase traballadora máis consciente que non se resigna ante a dura situación à que nos levou a crise do capital, queremos denunciar por unha parte o especial interese da policia española en detallar toda a denuncia que finalmente se  presentou a nome da empresa distribuidora de alimentaçom contra @s nos@s compañeir@s por supostamente retirar produtos por unha cantidade de 25.37€; e por outra parte queremos sinalar o poder xudicial como cómplice desta farsa ao admitir a trámite esta denuncia mentres banqueiros, empresarios e políticos corruptos fican impunes roubando riquezas inxentes ao povo traballador.